fondo

jueves, 22 de junio de 2017

Última celebración do curso!!!

Aínda nos faltaban por felicitar: Elva, Iris, Hugo e Helena, que tamén cumplen no verán, así que hoxe entonamos o "cumpreanos feliz" unha vez máis, esperamos que cando lles chegue o día se acorden das nosas felicitacións: Moitas felicidades!!!!


miércoles, 21 de junio de 2017

Último cumple de infantil...

Pois agora sì que todo chega ao final...celebramos o último cumple...bueno,falta os cumlles dos nenos/as de veràn, que celebraremos mañàn como broche final deste curso.
Moitas felicidades para Adri, que disfrutou moito do seu dìa.Un biquiño enorme!

martes, 20 de junio de 2017

Excursión a Balarés.

O curso está chegando ó seu fin, e para despedilo por todo o alto fomos de excursión de fin de curso á praia de Balarés, alí convertémonos en piratas que tiveron que pasar duras probas para conseguir atopar un gran tesouro. Foi un día cargado de xogos, diversión e anécdotas. Pasámolo xenial!!!! Aquí vos deixamos un resumo en imaxes deste fantástico día.






viernes, 16 de junio de 2017

Parabéns Lúa, Dani e Alba!!!

Como temos moitos compañeiros que están de cumple no verán, hoxe celebramos 3 cumples. Moitas felicidades Dani, Alba e Lúa!


viernes, 9 de junio de 2017

Última excursión cos meus pequenos...

Deixovos un vídeo con algunhas das fotos da excursión de hoxe para que podades ver todo o que disfrutamos.
Hoxe convertémonos en auténticos piratas!!!
Comezamos a mañá cunha serie de xogos que tivemos que facer con moito esforzo xa que con eles conseguíamos pezas para o puzzle do mapa do tesouro.
O cofre que atopamos con ese mapa estaba cheo de xoias!!!
Antes de despedir aos monitores que nos acompañaron durante esta xornada, bailamos...vaia marcha que teñen!
E, antes de comer, chegou o momento que os nenos/as tanto desexaban, ir á auga, pero solo a mollar os pés.
É unha alegría ver os neno/as disfrutar tanto nestes momentos e máis sabendo que para eles, é a última excursión da etapa de infantil.
Non podo negar, que a pesar de velos tan entusiasmados, eu non o estou tanto, xa que despois de tres anos de aventuras é unha tristeza para min ver que esto chega ao seu fin.

viernes, 19 de mayo de 2017

Semana da froita...

Así foi como despedimos a última semana da froita de este curso...moi boa forma de rematar,non si???Aos nenos/as,polo menos,encantoulles!!!