fondo

martes, 31 de diciembre de 2013

Festival de Nadal e outras cousas


Moi boas familia!!!!

Ao fin podo ocuparme de vós. Sinto tervos un pouco olvidados pero o Nadal trae consigo traballo duro: postais, decoración do novo escenario do festival, elaboración de adornos para o concurso, preparación da actuación… en definitiva, que as vacacións viñeron moi ben para poñerme ao día.

A continuación vouvos amosar diferentes momentos deste último mes:

·       A obra de teatro Babo, que lles encantou aos peques e que nos emocionou e nos fixo recapacitar aos maiores.

·       A entrega de tapóns á fundación Seur para axudar a nenos e nenas con graves problemas de saúde.

·       O mercado Solidario

·       O festival de Nadal. Aquí poderedes ver fotos de todo infantil e incluso, algún de vós tamén sae na reportaxe.

 

Espero que vos guste e que perdoedes por esta tardanza.

Feliz Nadal a todos e todas!!!
 
BABO
TAPÓNS SOLIDARIOS






MERCADO SOLIDARIO
 
 
FESTIVAL DE NADAL
 

jueves, 14 de noviembre de 2013

As rutinas de aula


Moi boas familia!!!

 
 
Déixovos momentos de aula, estamos a realizar as rutinas diarias. Irei subindo vídeos pouco a pouco porque me leva un día enteiro subir cada un a youtube.

Esperamos que vos gusten e que disfrutedes con todo o que saben os vosos peques. Non poden saír todos pero todo se andará.

Desfrutade!!!

Por certo, dicirvos que no no blogue de Educación física podedes ver outro vídeo de Magosto con tódolos alumnos do cole. Premede aquí para acceder.






 

 

lunes, 11 de noviembre de 2013

Magosto




Boas familia!!
Aquí vos deixo o vídeo que atestigua o ben que o pasamos no magosto.



viernes, 1 de noviembre de 2013

Samaín


Moi boas familia!!!

Aquí estamos de novo para amosarvos a semana tan movidiña que tivemos os cativos de 4 anos:

·         Concurso de cabazas

·         Maquillaxe terrorífica de Samaín

·         Relatos de terror

Moitas grazas a todos polo voso esforzo e por ilusionarvos,tanto coma nós, coas cousas que vos pedimos dende o colexio.
Concurso de cabazas:
 











 
 
 
Maquillaxe terrorífico de Samaín:
















 
Relatos de terror:
 






 
 
 

lunes, 21 de octubre de 2013

Teatreando



Aquí estamos de volta, paraugas en man, para amosarvos como foi a nosa última aventura teatral.

A mañá comezou dura, choiva e mais choiva, puxémonos pingando, menos mal que a obra “Contos para un caldiño” mereceu a pena. Pasámolo en grande!!!

Aquí vos deixo o vídeo que o atestigua!!


 

Por certo, estamos un pouco lentas con blog porque non damos feito. Mmmmmm!!!! Veña, vamos  adiantarvos algo, seremos boas!!! TEMOS NOVO PROXECTO EN MARCHA!!!!  Neste, ao igual que pasou o ano pasado co proxecto do protagonista, imos precisar que nos axudedes e que colaboredes, xa veredes que ben o pasamos e CANTO APRENDEMOS todos xuntos.

Pero antes do proxecto temos o Samaín. Cando vos mandemos a nota para traer a cabaza xa deduciredes  cousas deste novo proxecto. Xa non dicimos mais porque logo todo se sabe.

lunes, 23 de septiembre de 2013

Aprendemos xogando


Aquí estamos de novo para amosarvos cánto nos divertimos. Aprendemos xogando, que vos parece?