fondo

martes, 26 de marzo de 2013

En Primavera toca plantar...

 
Moi boas familias!!!

Os cativos de 3 anos estivemos a traballar duro os últimos días antes de  vacacións. Aquí vos deixo un vídeo que fala por si só. Agora  temos que esperar os resultados.
 



lunes, 25 de marzo de 2013

Bolboretas


Moi boas familias!!

 
 
 Estamos na primavera, aínda que non se note!.
 
Nesta ocasión, tivemos que pensar cál era a palabra galega que mais nos gustaba. Dinlles a elixir entre varias como: dorna, lar, agarimo, xoaniña, axóuxere, morriña, bico... e ao final escolleron BOLBORETA. Aproveitando a temática da primavera decidimos facelas en papel. Mirade qué bonitas quedaron.

 Esta actividade fixémola así:
1: Seleccionar a pintura que mais nos guste.
2: Derramar pintura na metade dunha cartulina.
3: Pechar a cartulina e, como lles digo eu, aplastar, aplastar, aplastar.

 

Ó abrir a cartulina os resultados son estes:



 

 

 
 
Agora só queda recortar dunha forma bonita e..... LISTO.


 

sábado, 23 de marzo de 2013

Día da muller traballadora

 
 
O 8 de marzo foi o día da muller traballadora e os cativos de 3 anos trouxeron orgullosos as fotos das súas nais.  Falamos do seu traballo, da importancia de colaborar con mami e papi nas tarefas da casa e da  tan importante igualdade. Gracias mamis polas vosas fotos.
 
 

 
 
 Nai de Álvaro



 Nai de Carlos
 
 
 Nai de Nuria
 
 
 
 Nai de Enia
 
 
 
 Nai de Carol
 
 
 
 Nai de Zaira
 
 
 
Nai de Ángela

lunes, 18 de marzo de 2013

Casa das abellas


Visita   á   casa  das  abellas
 
 
 



Moi boas familias!!!!

O prometido é deuda. Aquí vos deixamos os vídeos da visita á casa do mel. Faremos vídeos independentes por aulas porque non temos tempo de andar escollendo cáles de cada clase vamos a meter. Sentímolo pero o trimestre esgótase e non damos para mais.

Infantil 3 anos:
 
 
 
 
Infantil 4 anos:

  

martes, 12 de marzo de 2013

 
A prota desta semana parécese moiiiitisiom a da semana pasado, eu diría que son como dúas gotas de auga.Quen poderá ser???? Nada máis e nada menos que UXÍA, a irmá xemelga de NEREA.
Mirade que simpática!!!!!

 
 
 A nosa mascota "PEPA" pasou a fin de semana con
                                       UXÍA. Que ben o pasaron!!!


 


lunes, 11 de marzo de 2013

O Luns, como ven sendo habitual, estreamos
protagonista.Esta vez tócalle á doce Ángela.

Hoxe sacamos a foto con papelote e fixemos a súper coroa. Ángela estivo súper contenta e fixo unha coroa moi, moi bonita.
 

 
 
A foto con papelote
 
 
 
A "Coroa"

 

 
Martes:
Hoxe a nosa protagonista amosounos toda a ¡cantidade! de fotos que trouxo. Explicounas moi ben, pero moi baixiño. Jajajjaj
Moi ben peque!!!!
Déixovos un vídeo, (sinto a calidade da imaxe pero a cámara non da para mais) para que poidades xulgar por vós mesmos, e a continuación as fotos do día. (Tamén sinto o final do vídeo pero pensamos que o fixéramos mal. jajjajajaja. É o que ten non ser profesional disto)
 
 
 


Como o mércores tivemos saída, hoxe tocounos traballo dobre.
A prota amosou as súas pertenzas; un montón de cousas trouxo!!! e tamén gravou as súas pegadas. Qué ben o pasou!!!
Por se fora pouco, tamén tivemos a visita de papi e mami. Vamos, que Ángela non parou un momento!. Todo foron acontecementos!.
Os demais tamén o pasamos moi ben, non só, vendo como Ángela facía as tarefas de prota, senón que tamén disfrutamos moitísimo coas visitas. Grazas mami e papi!!!



 
 

Os papás de Ángela cantaron unhas cancións e leron uns contos.Fixádevos como entrega a flor a mamá e lle repousa o brazo a papá na espalda mentres lee. Non é para comela!!!!


 
 
Con mamá: 


Con papá: 

 

E ata aquí o reinado desta ruliña, mañá toca a entrega do libro. Esperemos que disfrute moi del.
 

CASA DAS ABELLAS

Este mércores os cativiños do Pichel imos facer unha saída a Abegondo, onde se encontra  
 
 
Neste enlace podedes ver información sobre o que imos aprender e
tamén as diferentes actividades a desenvolver...

 

martes, 5 de marzo de 2013


Moi boas familias!

Presentámosvos unha nova sección na que ides podes corroborar a grandilocuencia dos vos@s fill@s. Esperamos que vos guste.

Cousas de Cativos:
Ángela(3 anos):
Iamos xantar e díxenlles: “hoxe para comer tedes cremita de primeiro e pescado de segundo”.
Ángela toda chea de razón dime, “Profe, la cremita se pone en la cara”
Noa (3 anos):
Cando acabamos de facer as rutinas diarias (e a pesares de que lles digo que non se corre na clase) van ao tropel para as mesas a ver quén chega o primeiro. Tiven unha charla con eles e díxenlles:“ O importante non é gañar e non imos volver a dicir esa palabra.  Nos xogos e na vida o importante é participar e non gañar”. Noa que interiorizou moi ben todo isto, chega á mesa e dÍ: “profe, participé con Nuria” . Si traducimos isto, quere dicir, profe, gané con Nuria e dicir gañamos.
Samuel (3 anos):
Estabamos vendo as fotos das nais traballadoras, ao rematar díxenlles:  “eu tamén teño unha profesión, son a vosa mestra”. Todos asentiron, pero logo díxenlles “vos tamén tendes unha profesión” ninguén contestaba así que lles din unha pista, “vos sodes es………” e Samuel nin corto nin perezoso dí: “ESTÚPIDOS”.Non Samuel non, ESTUDIANTES”. Jajajajjaja.



viernes, 1 de marzo de 2013


O luns estreamos protagonista. Preséntovos a     Álvaro 
 
 
 




Luns:

O día non empezou moi ben para o prota. Mami María trouxoo ó cole e quería marchar con ela. Non había forma de convencelo.Mamita, mamita, mamita decía entre saloucos. Pouco a pouco foise calmando e logo eran todo risas, incluso me dixo que lle ía pedir perdón a mami por deixala marchar preocupada. Xa me contarás, María, si o fixo ou non.
Hoxe tocou:

 
                                                                      

                                                            

O Martes:

Álvaro, o prota estivo super contento. Explicounos cada foto cun enorme sorriso e fíxoo moi ben, sen esquecer detalle algún. Moi ben peque!!!!

Aquí vos deixo as fotos da súa experiencia:

 


     
Mércores:

 
Foi o momento de amosar as cousas coas que mais se entretén Álvaro:

  • O tractor, a hormigonera, o gorro da hormigonera e o puzzle que son os xoguetes que mais lle gustan.
  • “Patiño o seu boneco favorito.
  • “El pollo pepe” que é o conto predilecto.
  • Sudadera de Tom e Jerry que é a súa prenda de roupa especial.
Fíxoo moi ben e o sorriso e a emoción destacaron na súa explicación.


        
Seguimos co mércores. As imaxes falan por si mesmas. Foi unha tarde xenial  na que disfrutamos un montón e na que nos puxemos moi, moi nerviosos. É o que ten traer unha piñata á aula. Jajajajaj. Foi estupendo, grazas María.

Primeiro, e xa que tanto pedides vídeo, pois veñaaaa!!. A cámara non é moi boa, síntoo, Pero así apreciaredes o ver que o fixo a nosa contacontos particular.
         
 

 
 O primeiro que teño que ensinar é o recibimento que tivo María. Qué bonito!!! Ao principio, a Álvaro,  custoulle reaccionar e cando  se deu conta de que era a súa mami non había que o despegara de ela. Cantos bicos e ata un mami “te quiero mucho” !!!! jooooooo!!!!!
 
 
Despois deste recibimento María leunos un conto e os pequenos estiveron super participativos. Moi ben Mami. Ao final non foi para tanto, verdade? jajajjajaj
 

Durante o conto a piñata sufriu un accidente. os nenos non se resistiron e tiraron polos cordóns en dúas ocasións. Non sei como chegou ata o final, moito se tiveron que conter. jajajajja.
 
Logo, o prota, rompeu a piñata e veñaaaaaaa!!!!! Festa total.
 
 

Para rematar, María, traía preparada unha actividade que consistía en facer unha hucha para que os nenos e nenas gardasen  as moedas. Como o currades familias!!!!

Primeiro pintaron o porco, logo puxéronlle un rabo e finalmente pegamos un gran de millo para que o porco non pasase fame. Jajajjaja.

Para rematar Álvaro repartiu un detalliño entre os seus compañeiros e todos tan felices.


Xoves:

 
Foi o momento das pegadas: o pé, os beizos e a man.

Despois do recreo e como Álvaro trouxo unha peli, vímola moi atentos. Gustoulles un montón!.

 









 

 
Ata aquí o reinado deste cativiño. Mañá o día final coa entrega do libro ao protagonista da semana.