Aquí
estamos de volta, paraugas en man, para amosarvos como foi a nosa última
aventura teatral.
A
mañá comezou dura, choiva e mais choiva, puxémonos pingando, menos mal que a
obra “Contos para un caldiño” mereceu a pena. Pasámolo en grande!!!
Aquí
vos deixo o vídeo que o atestigua!!
Por
certo, estamos un pouco lentas con blog porque non damos feito. Mmmmmm!!!! Veña,
vamos adiantarvos algo, seremos boas!!!
TEMOS NOVO PROXECTO EN MARCHA!!!! Neste,
ao igual que pasou o ano pasado co proxecto do protagonista, imos precisar que
nos axudedes e que colaboredes, xa veredes que ben o pasamos e CANTO APRENDEMOS
todos xuntos.
Pero
antes do proxecto temos o Samaín. Cando vos mandemos a nota para traer a cabaza
xa deduciredes cousas deste novo
proxecto. Xa non dicimos mais porque logo todo se sabe.