fondo

lunes, 8 de junio de 2015

Memoria dun curso formidable

Boas familia!!!

-Corría o mes de setembro de 2012, e eu estaba nerviosísima, tiña a reunión de pais e nais, unha reunión moi importante para min que sabía que marcaría os meus próximos 3 anos de traballo. As mans temblábanme ao igual que a voz. Ese día conseguín distinguirvos e pouco mais pero saín da reunión con boas vibracións.
-Os primeiros meses foron duros porque non sempre sabes como actuar cando un neno/a chora porque non quere entrar na escola, porque non te quere
Pouco a pouco os pequenos foron aprendendo a quererme e eu tamén fun aprendendo a querelos a eles.  Que rápido aprendían, canta ilusión desprendían os seus ollos, cantas risas, cantos descubrimentos
    - Chegados a este punto teño que ser como Sara e deixar voar aos meus patos. Que gran grupo!!!
    - Non quero despedirme sen darvos unha e mil veces as grazas por todo o que vos implicastes e participastes coa escola. Foi alucinante para min e para eles tamén. Verlles as caras de emoción cando traían algo da casa ou cando vos vían aparecer pola porta non tiña prezo.  
-Esta é, en resumo unha carta de despedida e agradecemento a todos e todas. Gracias por ser unha familia para min e por permitirme ser unha familia para vós e gracias infinitas aos meus pícaros porque a súa luz me fixo feliz durante tres anos inesquecibles.






domingo, 7 de junio de 2015

Os de 5 anos en Marcelle


Boas familia!!
A última viaxe do curso está aquí. Foi moi emocionante para eles, non tanto para nos, que nos quedamos ollándoos na distancia, tal e como nos pediron os monitores das instalacións. 
Aínda así, puidemos sacar algunhas fotiñas para o recordo. 




viernes, 5 de junio de 2015

ÚLTIMO PROTAGONISTA: ALONSO

Con moita pena teño que despedir este  proxecto tan gratificante. E facémolo con Alonso como último prota do ano.

E aquí che deixo o teu vídeo:


Darvos as grazas a todos pola vosa participación e espero que disfrutárades tanto como o disfrutei eu.
Un biquiño moi grande para todos os "protas" e por suposto, para todas as familias.