fondo

jueves, 29 de octubre de 2015

Visítanos Mónica, a nai de Dani C.


E seguimos recibindo visitas...esta vez tócalle a nai de Dani Canedo.                                               Xa que estamos traballando o tema do fondo mariño, a Mónica ocorreuselle a idea de ensinarlle outros seres vivos que habitan no mar, xa que ao final os nenos/as pensan que os únicos que viven no fondo acuático son os peixes e existen moitos máis seres mariños.

Ensinounos moitas caracolas de distintos tamaños e Elena descubriu que pegándoa á orella, escoitase o son do mar...e despois todos quixeron probar. 


         

Un calamar, que é de onde se sacan os calamares fritos que nos encantan.     
Langostinos...con que coidado os tratamos, non vaia que os manquemos...jajaja.



 Mexillóns...

E patas de cangrexo...


Cántas cousas puidemos observar e tocar! Cántas texturas diferentes!


E agora...a meter todo no acuario...porque os animais mariños teñen que estar na auga!


Moitas grazas Mónica!!!














miércoles, 28 de octubre de 2015

Visítanos a mamá de Lucía!



Encántanos que veñades á aula a facer cousas con nós. Xa sabedes que a vosa implicación no proxecto é moi importante e os nenos/as disfrutan compartindo momentos con vós dentro da aula. Non sabedes o felices que están cando vides, síntense moi importantes!
Esta semana recibimos a dúas mamás: a de Lucía e a de Dani C.

A nai de Lucía quixo vir a explicarnos o organismo dos peixes e para facelo decidiu partir do nos propio corpo para poder comparalo con outras especies.

Falamos do esqueleto e dos órganos...do esqueleto xa coñecemos moitos aspectos, dos órganos aínda non moitos, pero a mamá de Lucía explicounolo moi ben: o corazón, pulmóns, fígado, estómago, intestino...

Comparamos o noso corpo co dos peixes e vimos que non son iguais. Os peixes están cubertos de escamas, nós temos pel.

Por dentro tamén teñen un esqueleto e órganos, pero existen moitas diferenzas: os peixes respiran mediante branquias, nós facémolo a través dos pulmóns.
 Ademais contounos que os peixes teñen unha "vexiga natatoria" que é o que lles permite flotar na auga. Nesta foto vense moi ben os órganos do peixe.
 A Noelia pensou que tamén nos gustaría visualizar outras especies que viven no fondo mariño e trouxo algo que nos deixou coa boca aberta: un ovo de tiburón!

E unha estrela de mar...


E moitas cunchas: de ameixas, de mexilón, caracolas...


MOITAS GRAZAS MAMI!!!VOLVE CANDO QUEIRAS.



domingo, 25 de octubre de 2015

Sentindo Contos

Unha vez mais achegámonos a esta fiestra para amosarvos as novas cousiñas que chegaron á aula.
En primeiro lugar temos a Lúa que trouxo galletas de peixes para compartir cos seus compañeir@s. Que ilusión lle fixo!!
O Caso foi que cando chegamos a Dani B. démonos de conta que el tamén traia galletas de peixes así que aproveitamos a merenda para conversar sobre os animais mariños que aparecían representados na súa merenda.


Lois trouxo un conto con moita información interesante sobre os animais do fondo mariño. Aprendemos un montón!.

Manuel trouxo, o que el denominou a “caixa máxica”. Ollade o ben que se explica:


Nerea e Lois tamén trouxeron mais contos sobre o  mar. Canta información!!!
Moitas grazas pequechos. Gustáronos moito!!!

viernes, 23 de octubre de 2015

E seguimos traendo cousas! (4 anos)


Cántas cousas aportou Elena! 

Este conto de Pocoyó trata as emocións que sinte Pocoyó e os seus amigos: triste, rabioso, alegre, vergonzoso...

Este conto é moi instructivo en canto a valores. Todos os elefantes son grises, pero neste conto queren que as femias sexan rosas e para iso teñen que estar encerradas nun xardín comendo flores rosas, pero en realidade non lles gusta estar así, senten envexa dos machos ao velos correr, mollarse na auga...Un día deciden revelarse e despóxanse de toda a súa vestimenta rosa e da súa cor...acabouse comer flores rosas, agora toca facer o que fan todos os elefantes!



tamén nos trouxo unha peceira con peixes de cores, cunchas e algas e outra, que nos encantou, onde podemos apreciar o movementos das ondas do mar.

AINHOA: trouxo cunchas do mar e puidemos descubrir que dentro delas habitan seres vivos, non o sabíamos! Pensabamos que eran unha forma de adornar as praias (jajaja).
E xa que as nosas pulgas do conto nos dan pe a traballar as texturas, empregando o sentido do tacto, pois quixo traer un conto de texturas. Aínda temos que descubrir os outros catro sentidos que poseemos: o gusto, o olfato, o oído e a vista.


Con Martiño e Jaime descubrimos que hai unha forma de vernos por dentro...a través de radiografías! E con todas as que nos trouxeron visualizamos moitos ósos do noso corpo...e incluso un órgano: os pulmóns. Puidemos ver os ósos das pernas e brazos, a columna vertebral, o cráneo, a mandíbula, a pelvis, as costelas...Ademais Martiño trouxo un puzzle co cal démonos conta que dentro do noso corpo hai moitos órganos e que cada un ten unha función. Pouco a pouco iremos descubrindo para que serve algún deles.



BRENDA: insistiulle moito a súa nai porque tiña moitas ganas de facer aos personaxes dos nosos conto: o monstro de cores e as pulgas. Óllade o resultado...qué ben vos quedou!

Carla trouxo cousas relacionadas coa temática do mar: Un conto de pingüíns, o que nos permite traballar un pouco os animais que viven nos Polos e a dous dos seus peluches favoritos: Bob Esponja e o seu amigo o Polbo, que viven no fondo mariño. Qué gran esforzo eso de ter que deixalos no cole! (jaja)

Dani trouxo unhas enciclopedias coas que podemos descubrir moitos aspectos do corpo humano e das especies que viven no mar. E tamén un xogo de pesca que nos gustou moito e un boneco "sen roupa", para que visualicemos como é corpo humano, que non é igual o das nenas e o dos nenos!

GAEL, MATEO P. , UXÍA, PABLO, DANI E ADRIÁN REMUIÑÁN: aportaron moitos contos, puzzlles  do corpo humano e do fondo mariño e ata a película de Nemo! Cántas cousas imos aprender!!!









A confusión en 4 anos!!

Seguimos recibindo na aula as cartulinas da confusión...Mirade todo o traballo que fixeron os nosos peques!
Noemy está confundida porque non sabe xogar ao Twister, pero a confusión pásalle cando a súa mamá explícalle como hai que facer.
Pablo debuxouse a el confundido porque ás veces vai tomar algo cos seus pais e non sabe cal é a súa bebida.
Mateo C. e Carla síntense moitas veces confundidos igual que o Monstro de cores, por iso cubriron a súa cartulina coa mezcla de todas as cores: vermello, amarelo, azul, verde, rosa e negro.
A Dani C. o que lle pasa é que ás veces sente un pouco de confusión coas letras e os números, a pesar de que xa coñece moitos, hai momentos nos que non os lembra.



A confusión de Jaime é moi razoable. Vendo fotos de agora e de cando estaba na barriga da súa mamá deuse conta de que os cambios eran moitos e fíxose moitos interrogantes: onde tiña os seus ollos e as pernas cando estaba na barriga, cómo comía, qué comía...?
Estas dúbidas puidemos resolvelas entre todos e coa axuda da profe...non dábamos crédito o que estabamos a escoitar: as partes do bebé vanse formando pouco a pouco, a medida que o feto vai medrando e ademais come a través dun tubo (cordón umbilical) a comida que a nai vai inxerindo...este tema resultounos moi interesante.
E Adri non lembraba nada que lle producise confusión...qué sorte!!, e entón decidiu pintar ao monstro de cores confundido.

A Gael pásalle un pouco como a Dani C., que ás veces ten un pouco de lío con tantas letras e tantos números, pero teño que aclarar, que agora Gael xa recoñece moitas letras, cánto aprenden estos pequenos! A Elena pásalle un pouco o mesmo, pero a súa confusión xurde entre as "letras grandes" (maiúsculas) e "as pequenas" ( minúsculas), e iso que aínda non profundizamos nada neste tema...pronto comezaremos, xa saben escribir moi ben o seu nome en maiúsculas, asi que agora toca aprendelo en minúsculas!
A confusión de Mateo P. xurde porque o seu pai marchou a traballar a Bilbao...e a Mateo xurdiulle unha dúbida...onde está Bilbao, lonxe ou preto? Está máis lonxe que Suíza? A súa nai axudoulle a resolver este problema e para iso tiveron que botar man dun mapa e puido descubrir que está moito máis preto que Suíza e que se facemos catro horas en coche xa chegamos  xunto papá!

Uxía e Dani fixeron un debuxo da confusión: Dani fixo a monstro de cores e Uxía, debuxouse a ela confundida.
A Martina esto do corpo humano e dos peixes prodúcelle un pouco de confusión, son moitas cousas novas que os nenos/as non coñecían, pero xa descubrimos moitas cousas e seguiremos indagando e aprendendo sobre o tema.
A Adrián Pais pásalle un pouco o mesmo, faise moitas preguntas...onde teñen os peixes as orellas? Penso que nos queda moito que traballar para despexar tantas dúbidas que xurden. 

miércoles, 21 de octubre de 2015

Sentido contos

Boas familia!!!

Isto é un non parar de cousiñas marabillosas. Que currantes sodes, que manitas e que gañas de participar amosades. Miles e miles de grazas.


Imos empezar polo traballo da confusión:

Elva: Trouxo  un folio adxunto explicando o motivo da confusión e todo. Resulta que a nosa Elva descubriu un día que dun ovo saía un pitiño e aquelo marabillouna. Tal foi a súa sorpresa que logo ía ao galiñeiro a romper os ovos para que saíran os pitiños. De aquí ven a súa confusión. Por que uns ovos teñen pitiño e outros non?. Esperemos que este ano o poidas entender pequecha.



Alba: Está tamén confusa, e por partida dobre.
Ela foi a Cabárceno e quería ir ver aos animais pero a pobre estaba moi confundida porque non sabía por onde tiña que ir.
Na outra tamén está confundida, ao igual que a nai, segundo nos dixo ela. Queren ir á casa da tía pero ningunha das  dúas sabe ir. Jajajajajaja!!!! Que simpática!!!!


Aportacións: 

Ángel: trouxo un fantástico conto sobre o mar que estamos desexando ler. 


Alba: veu cunha pecera e uns peixiños súper simpáticos que lles encantaron aos nen@s. Que maneira de moverse!!!
 Alba: tamén aportou unha pecera con moitas caracoliñas que os nenas estaban desexando ver. Imos a coidalas moi ben!!!
 Hugo: trouxo un fantástico adorno de animáis do mar feitos con goma-eva. E que decir do mural do corpo!!!!. Non lle falta detalle!!!. Menuda "manitas" ten Hugo na casa.
 Manuel: aportou un fantástico conto sobre o corpo que nos deixou coa boca aberta. Ten de todo e explica todo súper claro. Canto nos rimos!!!!